Os Cines Duplex de Ferrol traen a Tim Burton no ciclo en V.O.

Os Cines Duplex de Ferrol traen a Tim Burton no ciclo en V.O.

24 de Xaneiro, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Fóille ben aos cines Duplex de Ferrol no “Mércores ao cine” unha iniciativa dos exhibidores ofrecendo prezos superreducidos todolos mércores ata o mes de abril. Nos cines Duplex de Ferrol as entradas véndense ese día a 1,90 euros. O xerente dos Duplex, Juan Antonio Álvarez, confirmounos o éxito con cifras, cos 150 espectadores que acolleron as duas salas de Esteiro nas funcións do día 22 de xaneiro. Conclúe que a rebaixa do pr

Os Duplex especializaronse en ofrecer películas que están fora do circuito comercial. Segundo manifestou en Radio Fene, José Antonio Álvarez, trátase de películas para un público minoritario, por iso as salas ferrolanas ofrecen outras iniciativas como o aluguer das salas por 100€ para competicións en pantalla ou os ciclos de V.O. subtitulada en convenio co concello ferrolá que precisamente se anunciaron esta mañá. 

Ciclo en V.O adicado a Tim Burton.

O concelleiro de Cultura, Manuel-Reyes García Hurtado, deu conta esta mañá do novo ciclo de cine en versión orixinal subtitulada (VOS) que se desenvolverá nos meses de febreiro, marzo e abril. As proxeccións terán lugar os mércores ás 20:30 horas nos Cines Dúplex, situados no barrio de Esteiro, e a entrada será gratuíta. Os espectadores poderán gozar, durante estes tres meses, coa proxección das grandes obras audiovisuais do director Tim Burton. A programación prevista para as proxeccións en versión orixinal subtitulada é a seguinte:

Febreiro

05 de febreiro: “Charlie y la fábrica de chocolate” (2005)
12 de febreiro: “Sweeney Todd” (2007)
19 de febreiro: “Batman” (1989)
26 de febreiro: “Batman Vuelve” (1992)

Marzo

05 de marzo: “La gran aventura de Pee-Wee” (1985)
12 de marzo: “La novia cadáver” (2005)
19 de marzo: “Sombras tenebrosas” (2012)
26 de marzo: “Mars Attacks!” (1996)

Abril

02 de abril: “Bitelchus” (1998)

Sociedade