Os clubes de Fene negocian os adestramentos nos Pinares

Os clubes de Fene negocian os adestramentos nos Pinares

17 de Abril, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

O Perlío recibe mañá ao Galicia de Mugardos B nos Pinares. No campo do Pote derby de rivalidade local entre o Maniños e o Barallobre. En partidos adiantados á xornada de mañá, xogan as cinco desta tarde, o Rápido de Neda – Narón B e o San Pablo – Cariño.

Quedan 4 partidos ata o remate da competición de Liga da Segunda Autonómica de fútbol, pero os diferentes equipos de Fene planifican os seus adestramentos. O Perlío ofreceulle ao Maniños e Barallobre o terreo de cesped artificial dos Pinares nas horas libres da instalación. En concreto puxo a disposición dos clubes os luns de 8 a 10 a instalación completa, e martes e xoves de 4 a 6,30, 1 dos campos de fútbol sete. A entidade indica que ata que finalicen as obras de construcción dos vestiarios, Os Pinares son do Perlío.

 

O Maniños e Barallobre contan con 120 fichas de xogadores nas diferentes categorías e solicitaron unha aclaración ao Concello de Fene para cerciorarse do momento no que se fará efectiva a cesión. O Cultural Maniños baralla a posibilidade de utilizar o campo de cesped artificial, ainda sen facer uso dos vestiarios propiedade do Perlío. O Barallobre tamén pretende comezar canto antes a realizar os adestramentos nos Pinares, pero aos dous clubes parécelles reducido o horario ofertado polo Perlío. En calquera caso, na reunión celebrada a pasada semana, todas as directivas amosaron a súa vontade para chegar a un acordo beneficioso para a práctica do fútbol en Fene.

 

Deportes