Os comercios de Ferrol abrirán o día de San Xiao, comezo das rebaixas

Os comercios de Ferrol abrirán o día de San Xiao, comezo das rebaixas

15 de Decembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O comercio local de Ferrol poderá abrir as súas portas o vindeiro 7 de xaneiro, festividade de San Xiao. O anuncio chegaba despois da resolución da Consellería de Economía e Industria da Xunta onde se acorda o calendario de domingos e festivos nos cales se autoriza a apertura de establecementos comerciais durante o ano 2010.

Esta medida adóptase ante as inquedanzas e as peticións dos comerciantes locais respeto deste asunto. O concello ferrolán solicitou á Xunta permiso para que aqueles comerciantes que así o desexaran poideran abrir os seus negocios durante esta festividade local. Deste xeito  evítase o éxodo de moita clientela para mercar en concellos veciños neste primeiro día de rebaixas. Xunto ao 7 de xaneiro os establecementos comerciais de Ferrol poderán abrir o 3 de xaneiro, o 1 de abril, o 4 de xullo e os días 5,12, 19 e 26 de decembro. 

A Concelleira de Servizos, María López informa doutra medida para incentivar o consumo na cidade, as campañas de adhesión ao Sistema Arbitral de Consumo. Unha iniciativa, que implica un plus de confianza para aqueles negocios que deciden sumarse.Trátase dunha vía extraxudicial e voluntaria que permite resolver dun xeito eficaz, rápido e económico os desacordos que ás veces xorden entre os consumidores e os empresarios. As  empresas que se adhiran poderán exhibir o distintivo do Sistema Arbitral de Consumo. Un recoñecemento, que dá un valor engadido á súa actividade, ademáis de mellorar a súa imaxe de seriedade e credibilidade e discriminalo positivamente de cara ao consumidor.    

Sociedade