Os composteiros de Adega

Os composteiros de Adega

27 de Maio, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia ten repartidos arredor de 1500 composteiros por toda Galicia. En virtude dun convenio coa Consellería do Medio Ambiente, a entidade ecoloxista entrega os recipientes a cidadáns con horta ou xardín e ofrece unha charla explicativa sobre unha correcta instalación. Os técnicos de Adega visitan logo os domicilios en 3 ocasións para solventar dúbidas e asegurarse dun correcto uso dos trebellos.

Os residuos orgánicos compoñen arredor do 50% da nosa bolsa do lixo. Reducir en orixe eses recursos é un labor con importantes beneficios medioambientais e económicos. O salón de plenos da Casa do Concello de Fene acolleu na tarde noite de onte unha reunión con perto de 50 cidadáns que recolleron os seus composteiros na institución municipal. 

Sociedade