ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Na outra banda do mar constrúen o navío: o martelar dos calafates resoa na mañá, e non saben que están a construír a torre de cristal da miña infancia.Os versos de Antón Avilés de Taramancos sirvenlle a Jose María de Juan-García Aguado para resumir de xeito poético o asombro pola fabricación de barcos de madeira no seu libro A carpintería de ribeira en Galicia (1940 - 2000).
Jacobo Aguilar Rodriguez, carpinteiro de ribeira fundou un estaleiro na ribeira de Maniños (Fene A Coruña) onde construíron nos anos finais do século XIX e comezos do XX trincados. Lanzou ao mar en 1897 o trincado Bernardo segundo. O último dos barcos construidos nese estaleiro foi a embarcación de pasaxe “Dulce María” de 22 metros de eslora en 1953. Nos momentos de maior actividade traballaron neste estaleiro seis carpinteiros de ribeira, un calafate e un mecánico. O seu fillo Ramón Aguilar Pérez, coñecido como Ramón de Roque, emigra a Uruguay e ao volver funda un estaleiro no lugar da Ostreira en Perlío. Corría o ano de 1914. Nos terreos dese estaleiro instalouse Astano o ano 1941. José Maria de Juan destacou en Radio Fene o traballo dos carpinteiros de ribeira, un labor de altísima responsabilidade.
Barcos de madeira dedicados á pesca, á cabotaxe ou ao transporte de persoas. As máns hábiles dos carpinteiros de ribeira tallaron o modelo do casco, trazaron despois as formas, puxeron a quilla, a roda e o codaste e levantaron peza a peza esa máquina complicada e fermosa que é un barco. José María de Juan escribiu o libro desde o asombro que produce a fábrica dun barco de madeira e a admiración á habilidade e ao enxeño daqueles que os construen.