ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
“Hai que facer normal a nivel de lei o que xa é normal a nivel de rúa”. Cándido Pazó rescatou esta expresión pronunciada no seu día polo ex-presidente español, Adolfo Suárez, para explicar un dos obxectivos fundamentais da asociación de contadores de historias de Galicia que leva por nome Variosve
Variosventos está presidida por Cándido Pazó, Anxo Moure é secretario e tamén se atopan Avelino González e Paula Carballeira entre os membros da súa directiva. O nome do colectivo dá conta das numerosas maneiras nas que se lles chama aos contadores de historias, desde contacontos a palabreiros; e tamén da variedade de públicos aos que se dirixen. En resumo, varias maneiras de traballar coa palabra escénica.
Pazó afirma que a idea de crear o colectivo xa leva na mente dos contadores cinco ou seis anos. Finalmente neste 2010 reuniron as forzas e o criterios necesarios para que fose unha realidade.
Variosventos ademais de buscar a diferenciación en relación a outras artes escénicas tamén procurará organizar eventos, estudios, traballos sobre literatura e tradición oral e todo o que teña que ver con este oficio.
Cándido Pazó asegura tamén que o xeito galego de contar historias é tamén particular e diferente ao doutras zonas. É unha maneira moi charlada, na que unhas historias se van fiando con outras e onde predominan as dúas técnicas básicas: o “Stand-up Comedy” (monólogo cómico) e o conto. De feito, en lugares como Colombia, segundo Pazó, existe a expresión “contar a la gallega”.