Os corpos localizados no mar son de dous irmáns que foran pescar

Os corpos localizados no mar son de dous irmáns que foran pescar
31 de Marzo, 2019 - 10:12 h. | Publicada por Radio Fene

Os corpos de dous homes localizados flotando este domingo en augas próximas a Cabo Prioriño, en Ferrol (A Coruña), correspóndense con dous irmáns de Fene, de 57 e 61 anos, que supostamente caeron ao mar cando estaban a pescar. Trátase dos veciños de Perlio, Luis Angel e Abelardo Vieito. A primeira hipótese apunta á caída dun deles primeiro e á caida do outro ao pretender auxilialo. 

Arquivo Radiofusión

Así o apuntaron fontes da Garda Civil. Ao redor das dez e media da mañá, Servizo Marítimo da Coruña tivo coñecemento, a través de Salvamento Marítimo, de que se atopara unha persoa falecida no mar preto de Cabo Prioriño. Fontes portuarias consultadas precisaron que un pesqueiro avistou inicialmente un corpo flotando, que foi trasladado ao porto de Ferrol, pero pouco despois localizouse na mesma zona outro cadáver.

Ambos osdous  corpos foron trasladados ao peirao de Curuxeiras de Ferrol pola Garda Civil. A Policía Xudicial fíxose cargo da identificación e as dilixencias. Fontes da Garda Civil precisaron que se trata de dous irmáns da localidade veciña de Fene que supostamente caeron ao mar desde o cantil, de forma accidental, cando estaban a pescar desde as rochas. O sepelio terá lugar este luns no cemiterio municipal de Fene. Na zona de Prioriño encontrouse o coche dun deles e unha mochila.

Sociedade

Publica o teu comentario agora