Os Cuchufellos actuarán no aniversario de Aturuxo

Os Cuchufellos actuarán no aniversario de Aturuxo

17 de Marzo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Neria
A Asociación Aturuxo de Boiro ultimou xa o programa da súa festa de aniversario que se celebra o vindeiro sábado desde a mañá ata a noite. Os Cuchufellos e a Cé orquestra pantasma ofrecerán o concerto de remate a partir das once da noite.

A festa comezará ás 12 da mañá na Praza do Concello cunha sesión vermouth amenizada por Os Veraneantes e Cé orquestra pantasma. Ademáis haberá mexilóns cocidos para toda a concurrencia. O programa continua como segue:

->Xantar ás 14h no local. Aturuxo (É preciso apuntarse antes. 10€) Apontadevos no correo: localsocialbarbanza@gmail.com 

O menu sera elaborado pola asociación Aturuxo e consistira en empanadas variadas, churrasco, crioulos, salada, tortilla galega e contaremos con alternativa vexetariana.

Gran gincana de xogos populares na parte de atrás do Parque Municipal da Cachada ás 17.30h.

 

Billarda, carreiras de sacos, bolos celtas, a chave...

Gaiteiros e baile ás 19h na Praza de Galiza (praza do concello) 

Grupo Rosalia de Castro (Cacheiras)
Xilbarbeira (Boiro)
Xoaninhas (Boiro)

Ao rematar as actuacions faremos un paseo/rondalla polas ruas de Boiro ate o local cos grupos e con todos que ala estedes!

Cultura