Os deputados do BNG, amordazados no Parlamento

Os deputados do BNG, amordazados no Parlamento

10 de Febreiro, 2015 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Os deputados do Bloque Nacionalista Galego protestaron esta mañá no exterior do Pazo do Hórreo. "Amordazando á oposición estase a amordazar á sociedade, impídese exercer o control do executivo autonómico" afirmou no Parlamento Francisco Jorquera. Xosé Manuel Beiras tamén expresou a súa protesta polo recurte ás posibilidades de intervención de AGE e BNG e abandonou o pleno da cámara autónoma.

Nada máis dar comezo o primeiro pleno do novo período de sesións, o propio Jorquera pediu a palabra por unha cuestión de orde para facer constar a súa protesta por unha decisión «discrecional e discriminatoria» que, ao seu xuízo, «vulnera ou pluralismo» no hemiciclo.

Tamén o portavoz de Alternativa Galega de Esquerda, Xosé Manuel Beiras, pediu a palabra polo mesmo asunto «para corroborar o que dí o señor Jorquera», aínda que no seu caso a presidenta, Pilar Rojo, retiroulle a palabra, o que irritou a Beiras, que se gañou unha amoestación antes de abandonar voluntariamente o hemiciclo.

 

Sociedade