ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O mércores 3 de xuño de 2020, 80 días despois do seu peche temporal con motivo da crise sanitaria xerada polo COVID-19, o Centro de Interpretación Caldoval en Mugardos volta á actividade inaugurando horario de verán e abrindo de martes a domingo, de 10.30 a 14.00 horas polas mañás e de 16.30 a 20.00 horas polas tardes.
Para garantir a seguridade sanitaria de todos e todas os visitantes, no centro de interpretación do mundo romano aplicaranse as directrices e recomendacións das Administracións Públicas para museos e sitios patrimoniais, que estarán colocadas de maneira visible na entrada e na exposición permanente. Entre as normas de obrigado cumprimento estarán principalmente a limpeza de mans con xel hidroalcólico na entrada a Caldoval, o uso de máscaras nos maiores de 6 anos e o mantemento da distancia interpersoal de seguridade. O aforo do centro durante a Fase 2 do estado de alarma estará fixado en 10 persoas e suspenderanse temporalmente os obradoiros didácticos. Continuaranse a realizar visitas guiadas nos horarios habituais de venres a domingos ás 10.30 e 12.30h polas mañáns e ás 16.30h e 18.30h polas tardes. Do mesmo xeito tanto nenos como adultos que queiran emular a Hércules superando de desafíos poderán participar no xogo de pistas “As XII probas de Caldoval”, dispoñible en calquera momento durante o horario de apertura. Pódese solicitar máis información no correo info@museocaldoval.gal ou no teléfono 687 072 116.
Publica o teu comentario agora