Os ecoloxistas amósanse escépticos co capital de Reganosa

Os ecoloxistas amósanse escépticos co capital de Reganosa

06 de Setembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Continúan as reaccións ó cambio de rumbo no accionariado de Reganosa. A semana pasada coñeciamos a vontade da Xunta xunto co grupo Tojeiro, de chegar ata o 54% do capital da regasificadora ó exercer o seu dereito de tanteo, polo que poderiamos dicir que se mantén a galeguidade da empresa e se evita así que o capital da mesma pase a mans extranxeiras, tal como se indicou no momento en que Caixa Nova, Caixa Galicia, o Banco Pastor e Endesa decidiron poñe

Na actualidade, tanto a Xunta como o Grupo Tojeiro xa forman parte do accionariodo. O Goberno Galego dispón do 10% do capital, mentres que Tojeiro goza do 18%. Dende a Xunta indican que o obxectivo é bloquear a entrada de inversións foráneas a Reganosa.  Os partidos políticos ven con bos ollos que o capital de Reganosa non marche de Galicia, mentres que as asociacións ecologistas e os veciños de Mugardos acollen con escepticismo esta medida. Quixemos afondar neste tema e por iso falamos co vicepresidente de ADEGA Trasancos, Humberto Fidalgo.

Sociedade