Os emparellamentos da fase de ascenso á Liga Femenina sorteanse esta tarde

Os emparellamentos da fase de ascenso á Liga Femenina sorteanse esta tarde

06 de Maio, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

A Federación Española de Baloncesto realizará ás catro desta tarde o sorteo dos emparellamentos na fase de ascenso á máxima categoría do baloncesto feminino. Coñeceránse entón os rivais aos que terá que enfrontarse o Universitario Ferrol.

A fase de ascenso comezará en Badajoz entre o xoves 14 de maio e o domingo 17. Os 8 equipos participantes divídense en 2 grupos. O xoves 14, venres 15 e sábado 16, cada 1 dos 2 grupos disputará unha Liga de todas contra todas. O domingo 17 xogaránse as semifinais, cruzandose os dous primeiros de cada grupo. As vencedoras deses encontros ascenderán á Liga Femenina. O Universitario Ferrol encádrase no grupo 1 xunto co Burgos, o Navarra e o Viladecans.

Deportes