Os escolares de Ordes achéganse á astronomía

Os escolares de Ordes achéganse á astronomía

21 de Xaneiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Ordes

Máis dun centenar de alumnos e alumnas do CEIP Castelao participaron esta mañá nunha nova edición do Planetario Viaxeiro, instalado no Centro Comarcal de Ordes. O planetario completouse tamén con talleres astronómicos e ambientais que nesta ocasión correron a cargo dos técnicos do proxecto Climántica promovido pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta.

Esta iniciativa enmárcase dentro da campaña Descobre o ceo escuro, reduce a contaminación lumínica que o Concello de Ordes volve a desenvolver no municipio trala gran acollida que tivera o pasado mes de outubro.

O obxectivo fundamental desta campaña é lograr a protección e mellora da calidade do medio nocturno, así como dos valores científicos, culturais, paisaxísticos, ecolóxicos e de calquera outra índole ligados ao mesmo.

O Planetario Viaxeiro estará instalado no Centro Comarcal de Ordes ata o 30 de xaneiro. Estará dispoñible para todos aqueles veciños que queiran visitalo polas tardes ás 17 horas, chamando previamente para facer a solicitude da sesión á Concellería de Medio Ambiente do Concello de Ordes, no 981680002.

Polo momento está previsto que o próximo 27 de xaneiro outro grupo de alumnos do CEIP Castelao participen nesta iniciativa

Sociedade