Os escolares levan a festa da risa á rua

Os escolares levan a festa da risa á rua

20 de Febreiro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

 

Desfiles de disfraces polas ruas, festas internas e degustación de lambetadas foron as ocupacións dos escolares esta mañán. O soleado día convidóu  a saír á rua ao alumnado das escolas. Os chineses, 17 pequenos e 12 pais e nais, invadiron a parroquia fenesa de Sillobre.

O Ramo de Barallobre tivo concurso de comparsas (adicadas aos oficios), xogos e, ao remate, degustación de lambetadas preparadas polos pais e nais. A volta das vacacións xulgarán e queimarán ao antroido Don Pastón. Non faltaron no Ramo os tradicionais mandados do antroido.    

 Profes e alumnado da Jorge Juan, Xunqueira e Centieiras desfilaron esta mañán levando o primeiro colorido do carnaval ás ruas.

Na Jorge Juan recrearon os antroidos máis senlleiros de Galicia,  así que correu a fariña polo patio. O meco tamén fixo os mandados este ano, ata chegou a mandalos ir ao cole en pixama.

 E na Xunqueira aproveitaron o sol para desfilar polo barrio pero antes divertíronse co festival de coplas no salon de actos.

Nos Casais de Maniños desfilaron as comparsas dando moito medo. Nos Casais a festa gastronómica é sagrada e non fallou este ano.

Os de Centieiras , ao completo, desfilaron por Perlio e achegáronse á nosa emiisora para cantar o himno do antroido do colexio que repiten cada ano por estas datas dende hai xa moito tempo. Aquí podedes escoitalo se queredes collerlle o ton ao carnaval. Á rua antroidos!!!

 

 

 

 

 

Sociedade