Os especialistas detectan desigualdades de xénero nos estudantes de Ferrol

Os especialistas detectan desigualdades de xénero nos estudantes de Ferrol

20 de Xuño, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A necesidade imperiosa de seguir a traballar na educación en igualdade é unha das principais conclusións do estudo levado a cabo polo Concello de Ferrol para coñecer as conductas da xuventude nas relacións de parella. Os resultados deron como froito a publicación da “Guía para a prevención e erradicación da violencia” pero terán continuidade, segundo anuncian fontes municipais.

A pedagoga Mª Carmen Prieto, a psicóloga Sonia López Soto e a socióloga Rosa Mª Rivera forman o equipo do Centro da Muller que realizou a investigación. As especialistas  servíronse dunha serie de enquisas, feitas entre alumnos de 4º de ESO dos centros educativos da cidade, para obter unha radiografía dos comportamentos adolescentes en temas de igualdade e relacións de parella.
Os resultados obtidos evidencian, en palabras da socióloga Rosa Mª Rivera, que “segue a existir unha necesidade imperiosa e traballar en temas de igualdade, neste campo segue habendo enormes diferencias educacionais”. O obxectivo é, apuntou a socióloga, facer entender que as diferencias son positivas, pero non así a discriminación. O equipo de traballo constatou tamén que seguen existindo comportamentos violentos á hora de resolver conflictos anque, paradóxicamente, só dous estudantes de todo o censo recoñeceron abertamente ser violentos.

Sociedade