Os especialistas detectan desigualdades de xénero nos estudantes de Ferrol

Os especialistas detectan desigualdades de xénero nos estudantes de Ferrol

25 de Novembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A necesidade imperiosa de seguir a traballar na educación en igualdade é unha das principais

conclusións do estudo levado a cabo polo Concello de Ferrol para coñecer as conductas da

xuventude nas relacións de parella. Os resultados deron como froito a publicación da “Guía

para a prevención e erradicación da violencia” que foi presentada hoxe pola edil de Benestar

Social e Muller, Beatriz Sestayo.

Na presentación desta guía a concelleira de Muller estivo acompañada do equipo de 

profesionais do Centro de Información á Muller que realizaron o estudo, a pedagoga MªCarmen

Prieto, a psicóloga Sonia López Soto e a socióloga Rosa Mª Rivera.

As especialistas  servíronse dunha seriede enquisas, feitas entre alumnos de 4º de ESO dos

centros educativos da cidade, para obter unha radiografía dos comportamentos adolescentes en

temas de igualdade e relaccións de parella.

Os resultados obtidos evidencian, en palabras da

socióloga Rosa Mª Rivera, que “segue a existir unha necesidade imperiosa e traballar en

temas de igualdade, neste campo segue habendo enormes diferencias educacionais”. O obxectivo

é, apuntou a socióloga, facer entender que as diferencias son positivas, pero non así a

discriminación. O equipo de traballo constatou tamén que seguen existindo comportamentos

violentos á hora de resolver conflictos anque, paradóxicamente, só dous estudantes de todo o

censo recoñeceron abertamente ser violentos.

Neste senso a concelleira Beatriz Sestayo subrayou a importancia primordial que neste campo

ten educación, pois “educar é previr, e sen esta base calquera outro traballo será en vano”.

A edil anunciou tamén que xa está en marcha unha segunda parte deste proxecto que comenzou o

mércores no IES Sofía Casanova e que se dirixe agora a rapaces de entre 16-18 anos. En canto

á guía presentada hoxe o Concellería da Muller iniciará nos vindeiros días a campaña de

difusión tanto nos diferentes centros e asociacións como a través da web do concello e

medios de comunicación coa finalidade de acercala ó maior número de colectivos posible.

Sociedade