Os estaleiros da ría necesitan traballo

Entre o último traballo e o próximo, quedarán dous anos sen carga e polo tanto a insdustria auxiliar marchará.
24 de Xuño, 2019 - 11:07 h. | Publicada por Radio Fene

Os estaleiros da ría de Ferrol prevén un parón de carga de traballo entre a botadura do buque para a Armada Australiana e o comenzo da construcción das F110. Por iso demandan das corporacións municipais recén saídas a súa intermediación.

ESCOITA O PODCAST:

Representantes de Navantia trasladaron esta mañá aos alcaldes de Fene e Ferrol, as súas demandas de máis ocupación dos estaleiros. Representantes dos comités de empresa sosteñen que xa están a notar problemas de falta de traballo debido ao avance na construcción dos buques de aprovisionamento para a Armada Australiana. Para paliar a falta de ocupación, reclaman a construcción do AAOR para a Mariña española porque a construcción das fragatas F 110 non está previata ata o ano 2022. Se non é así, afirman que despois do verán e da botadura do segundo buque para Australia, prevista para setembro, empezarán os despidos das auxiliares, en palabras de Marcelo Amado, membro do comité de empresa de Navantia-Ferrol.

A reunión co alcalde de Fene realizouse no salón de plenos ás 10,30 da mañá (Na imaxe). Asistirón os portavoces de cada grupo político presente na corporación; o propio alcalde, Gumersindo Galego, Juventino Trigo do Bng; Mar Piñeiro do PSOE e Mari Carmen Martínez de EU. Co mandatario ferrolán a reunión fixouse para as 12.00h. En próximos días farán o propio con outras corporacións municipais da comarca. Non descartan iniciar un calendario de movilizacións a pesar de que o dia 9 de xullo celebranse as eleccións sindicais nos espaleiros e despois empezan as vacacións de verán.

Institucional

Publica o teu comentario agora