Os estudantes da FEGAS contarán cun boneco robotizado que simula afeccións reais

Os estudantes da FEGAS contarán cun boneco robotizado que simula afeccións reais

06 de Febreiro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

O novo aula de Simulación Médica Avanzada da Escola Galega de Administración Sanitaria (FEGAS) de Santiago permitirá a formación práctica dos alumnos en casos clínicos reis e conta ademáis cun boneco robotizado, o SIMBABY, para suplantar o papel do paciente.

Durante a súa visita ás instalacións deste aula "única" en Galicia, a conselleira de Sanidade, María Xosé Rubio, valorou o impulso que supón para a innovación educativa sanitaria, xa que permitirá practicar con todo tipo de síntomas que se complicarán ou non en función das eleccións e accións dos estudantes. Precisamente, a formación consistirá nunha simulación de entre 15 e 30 minutos nun ambiente que recrea unha sala concreta do hospital, con todos os instrumentos, medicamentos e aparatos necesarios para atender o caso e coa inclusión dun actor no papel de familiar. Unha aplicación informática, que consta de un "minutado", rexistrará tanto as accións dos alumnos como os diferentes síntomas que aparecerán no robot minuto a minuto. Ademáis da aula de atención, a iniciativa conta cunha sala de control na que se monitoriza a práctica --tres cámaras e unha cuarta coas constantes vitais do boneco-- e cunha terceira na que o resto dos alumnos observarán o transcurso da mesma para analizala e corrixila a posteriormente
Institucional