Os estudantes súmanse á folga porque a reforma laboral “condénaos ao escravismo”

Os estudantes súmanse á folga porque a reforma laboral “condénaos ao escravismo”

18 de Marzo, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Negreira

Galiza Nova convoca unha folga estudantil para o 29 de marzo porque a reforma laboral “compromete” o futuro dos estudantes e condena ao “escravismo” aos mozos, segundo a secretaria xeral da organización xuvenil nacionalista, Iria Aboi. “Xa tiñamos despedimento libre. Agora témolo gratuito”, denuncia Aboi, quen alega que coa nova lexislación laboral os mozos “podemo

Mentres iso acontece, sinala a líder de Galiza Nova, “as empresas terán axudas públicas durante 3 anos, con deducións fiscais á Seguridade Social”, o que evidencia que a reforma está claramente nesgada a favor dos intereses da patronal. Ao seu xuízo, a nova ofensiva do Goberno español contra os dereitos laborais, que considera continuidade das producidas baixo os executivos do PSOE, “destruirá emprego e precarizará aínda máis o que xa existe”.

Galiza Nova, no ámbito do ensino, vai realizar unha intensa campaña de información contra esta reforma, con visitas aos centros de ensino secundario e aos campus universitarios. “Moitas veces pergúntanme se hai alternativa. Claro que a hai. A mobilización en favor dun radical cambio de rumbo das políticas económicas”, conclúe Iria Aboi.

Sociedade