Os ex concelleiros, Carballeira e Yáñez, baixas do PSdeG-PSOE de Fene

Os ex concelleiros, Carballeira e Yáñez, baixas do PSdeG-PSOE de Fene

11 de Xaneiro, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O que fora secretario local do PSOE e concelleiro de Fene en varios mandatos, Manuel Anxo Rodríguez Carballeira, ven de presentar a baixa no partido. Unha decisión personal que non está ligada á marcha doutros tres afiliados de Fene, entre eles o que fora concelleiro socialista, Jorge Yáñez. A marcha de Rodriguez Carballeira, segundo confirmou él mesmo a Radio Fene, produíuse xa no mes de novembro, antes das eleccións xerais. Nese momento co

Rodríguez Carballeira non comparte “a deriva neoliberal do PSOE” e, sempre según a sua declaración, “a pinga que colmou o vaso foi a decisión dos socialistas de modificar a Constitución Española”. A marcha de Rodriguez Carballeira coincide no tempo coa baixa en Ferrol de Rafael Pillado. Os dous proceden do partido comunista do que marcharon ao tempo que Santiago Carrillo. Os destinos de Lalán e Pillado van parellos nesta decisión de abandonar o PSOE e, dende hai anos, están moi unidos no seu traballo social dentro do Comité Cidadán de Emerxencia, na sua loita contra Reganosa ou na Asociación Cultural, Fuco Buxán.

Outro significado militante socialista que foi concelleiro de Fene durante 8 anos, o médico Jorge Yáñez, tamén presentou a baixa no partido, anque dende hai catro anos mantíñase afastado da actividade política en Fene. Yañez discrepara da elección de Iván Puentes como cabeza de lista da candidatura do PSOE de Fene ante os comicios do 2007.

Sociedade