Os farmacéuticos alertan de que os mozos non protexen a súa pel do sol

Os farmacéuticos alertan de que os mozos non protexen a súa pel do sol

03 de Xuño, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

Só o 24% dos mozos están concienciados sobre os riscos da sobreexposición ao sol, segundo un estudo presentado polo Colexio Oficial de Farmacéuticos. Ante este dato, a entidade dirixe a súa campaña anual de fotoprotección a este colectivo de idade. Os profesionais da dermofarmacia erguen outras voces de alarma como que está a aumentar a incidencia das alerxias solares ou que se manteñen prácticas incorrectas na utilización dos prot

“A xente nova é a que menos caso nos fai”. A vogal de Dermofarmacia do Colexio Oficial de Farmacéuticos da Coruña, Marga Muñoz, explicou así en Radiofusión o motivo polo que decidiron dirixir a campaña sobre fotoprotección aos mozos. Non obstante, as prácticas incorrectas en relación co uso de cremas solares resultan habituais en todas as idades. Os farmacéuticos lembran que hai que botar o protector antes de saír da casa e repoñelo con frecuencia, que debemos utilizalo non só ao irmos á praia, senón ante calquera actividade ao aire libre ou que é necesario hidratar a pel trala exposición ao sol. Tamén inciden en que, ao contrario do que se pensa, o uso dunha crema de factor alto non impide o bronceado.

Malia todo, os farmacéuticos aprecian que nos últimos anos medrou considerablemente a concienciación social sobre o tema, unha realidade que se pode comprobar no último estudio realizado polo Colexio. Os profesionais aprecian que os clientes piden cada vez factores máis altos ou que a inmensa maioría dos pais se preocupan pola fotoprotección infantil. Na outra cara da moeda sitúase o aumento da incidencia das alerxias solares; que, na opinión de Marga Muñoz, pode deberse ao deterioro da capa de ozono.

Sociedade