Os ferroláns engalanarán os balcóns con flores

Os ferroláns engalanarán os balcóns con flores

10 de Maio, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Coincidindo co Día Mundial do Medio ambiente, o 5 de xuño,  Ferrol entrega  os premios do “Concurso de decoración floral nos balcóns”. O ámbito está restrinxido aos balcóns dos barrios históricos da Magdalena, Ferrol Vello, Esteiro e Canido. Polo momento animáronse dez pero queda prazo ata o ultimo dia de maio para participar.

Poderá participar no concurso todo propietario ou arrendatario de vivenda con balcón, que reúna as condicións necesarias para ser decorado e se atope dentro deses barrios históricos. Os interesados en participar poderán realizar a inscrición ata o día 31 de Maio de 2010, aportando os datos da ubicación do balcón e os datos do propietario.

A armonia das prantas, a combinación das cores, a orixinalidade da composición ou a calidade ornamental son valores que se barallarán por parte do xurado, formado por expertos enxeñeiros agrícolas, técnicos en medioambiente e representantes políticos e veciñais.

Establécense tres premios para os 3 primeiros clasificados e os accesits que o xurado considere oportunos. O primeiro premio será un bono para a tempada 2010-11 no Teatro Jofre. O 2º e 3º premios consistirán en lotes de plantas ornamentais.

Mediante este concurso preténdese chamar a atención sobre os beneficios socio-ambientais da recuperación de balcóns como elementos vivos dunha cidade.

Os interesados en participar poderán realizar a inscrición ata o día 31 de Maio de 2010 na Oficina de Medio ambiente do Concello de Ferrol, a través do teléfono 981944160 ou no correo electrónico medioambiente@ferrol.es

Sociedade