Os Festicultores comparten as súas “perversións” no seu primeiro disco

Os Festicultores comparten as súas “perversións” no seu primeiro disco

16 de Setembro, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Allariz

Como unha “festa dolorosamente pracenteira" definen Os Festicultores Troupe o seu disco Os sadomusiquistas. Trátase do primeiro álbum da banda tras sete anos de traxectoria nos que, presumen, “revolucionaron o mundo das charangas” e ofreceron centos de actuacións, algunhas internacionais. O traballo contén dez temas novos e outros catro -aos que denominan “lategazos extra”- escollidos entre os seus éxitos anteriores.

O sadomusiquismo, segundo explican na primeira canción do álbum, propón “un tsunami de endorfinas para liberar os cerebros e espallar unha revolución de doloroso pracer”. O seu obxectivo é que “os corpos entren en erupción e rebenten as pistas con bailes a base de movementos pélvicos e convulsións”.

Cultura