Os fillos da modernidade

Os fillos da modernidade

14 de Decembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

A xeración de galegos  de 1950, protagonistas das grandes mudas socioeconómicas habidas na Galiza dese tempo, son as voces recollidas no estudo de Manuel Pérez Rúa que ven de ser galardoado co premio ensaio Ramón Piñeiro 2009, impulsado pola editorial Galaxia, a fundación Gas Natural-Unión Fenos e a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia. O trasvase campo-cidade, os procesos de industrializaci&oac

Manuel Pérez Rúa, reuníu no traballo galardoado, as testemuñas directas dun grupo xeracional pertencente a unha parroquia do concello de Moaña. A elección non foi casual, senón que responde a características peculiares e significativas. Unha delas ven xustificada no ámbito xeográfico, xa que a cidade de Vigo foi unha urbe xeradora de riqueza, polo que as xentes desta comarca tiveron máis oportunidades de traballar e  desenvolver a súa vida sen alonxarse do entorno familiar.

Xunto a estas voces o autor recolleu para o seu estudo percorridos biográficos das xentes protagonistas do cambio, como estudantes do seminario, das escolas náutico pesqueiras e de capacitación agraria e das universidades laborais. O “Retrato da xeración de 1950” amosanos a unha xeración marcada fundamentalmente polo tránsito do campo ás cidades e tamén polo da emigración, anque cun cambio de orientación.

Mentres na primeira metade do século XX a emigración de referencia era a americana, a partires do ano 59 ese fluxo migratorio dirixiuse cara aos países europeos  E mentres a emigración americana retorna as mesmas aldeas e ao mesmo clima, a emigración europea que inicia a xeración de 1950 é paralela ao desenvolvemento económico máis alto de Galicia, co boom dos asteleiros, e da pesca de altura. Remata pois o proceso de agrarización e comenza a industrialización co abandono progresivo das aldeas.

A xeración de 1950 beneficiada polo gran cambio económico tivo por tanto máis oportunidades de permanecer na súa terra que os seus antecesores, e comenzar unha vida de “modernidade”, con esa migración á cidade e o abandono das casas familiares por vivendas nas urbes.

A evolución social traerá tamén cambios trascendentais noutros eidos como o da relixión, cunha perda dos ritos católicos, tan arraigados na xeración anterior, marcados pola chegada dos curas obreiros ou os cambios na igrexa que permitiron a entrada das lingüas vernáculas na misa, entre outros. Outro dos cambios trascendentais refírese ao abandono da lingua, feito éste que rexistra as maiores perdas nesta xeración de 1950.

Cultura