Os froitos do traballo

Os froitos do traballo
18 de Marzo, 2019 - 01:09 h. | Publicada por Radio Fene

"Estamos empezando a recoller os froitos do traballo realizado ao longo de todo o ano" indica o adestrador do Maniños B Manuel Freire. Na Segunda Galicia de fútbol, Xuventude de Cabanas 0 - 5 Maniños B.

Izan Serrano, primeiro pola dereita, é o máximo goleador do Cultural Maniños B

O filial do Cultural Maniños continua coa súa boa liña de xogo dos últimos partidos. Onte beneficiouse da incorporación de Manu Permuy, quen viña xogando co equipo da Primeira Galicia e neste encontro, axudou co primeiro gol, con participación e intensidade. Os cinco goles e outros tantos paus falan da superioridade do equipo visitante que xa se foi ao descanso cun 0-3. Participaron seis xogadores do equipo xuvenil.

Deportes

Publica o teu comentario agora