Os gandeiros inician unha semana de protestas para pedir un prezo mínimo para o leite

Os gandeiros inician unha semana de protestas para pedir un prezo mínimo para o leite

01 de Setembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

O establecemento dun prezo único para o leite. Esta é a máxima reivindicación que levou ao Sindicato Labrego Galego, xunto con outras organizacións agrarias, a emprender unha semana de protestas. Trátase dunha mobilización permanente que comezou nesta xornada  e que se estenderá ata o día 5 de setembro. As medidas adóptanse co gallo das reunións que a Comisión de Agricultura manterá para buscar unha saída

As accións principiaban esta mañá ás once e media cunha concentración na Praza do Toural de Santiago. Xa pola tarde os representantes do SLG celebraron un encontro con representantes dos grupos parlamentarios na Alameda santiaguesa. A secretaria xeral do sindicato, Carmen Freire, explicou en Radiofusiòn que os gandeiros queren coñecer a posición dos grupos políticos e saber se van adoptar medidas para buscar solucións definitivas. Para Freire, o modelo dos contratos homologados demostrou que non funciona, e por iso considera que a ministra Elena Espinosa debe defender outro tipo de demandas ante Bruxelas.

A líder do Sindicato Labrego ten claro que se as súas iniciativas non atopan o eco preciso nos órganos de poder é porque deben loitar contra os poderosos intereses das empresas multinacionais que se están a lucrar grazas ao actual modelo regulador que, segundo asegura Freire, xera millóns de litros de leite excedentario co que especular.

Sociedade