Os hostaleiros de Boiro cos bodegueiros de Ribadavia

Os hostaleiros de Boiro cos bodegueiros de Ribadavia

07 de Febreiro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Neria

Os hostaleiros participantes no “II Concurso de tapas”, organizado pola Concellería de Turismo do Concello de Boiro e que se enmarca no proxecto de dinamización turística do mexillón de Boiro, viaxan este luns, día 7 de febreiro, a Ribadavia. Gozarán dunha visita guiada pola zona vinícola do Ribeiro, visitarán as bodegas de Viña Costeira e poderán degustar o viño e os produtos típicos nun xanta

Por outra banda, froito do mesmo proxecto, que persegue a promoción deste molusco, o restaurante “Cocinandos”, de León, recoñecido cunha Estrela Michelín, acaba de incluír na súa carta o mexillón de Boiro. Pódense atopar máis datos sobre o prato, na páxina web www.cocinandos.com.

Tamén cómpre sinalar que o establecemento “Os Dous de Sempre” (Rúa Principal en Boiro) está poñendo dende o mércores pasado, polo mediodía e máis á noitiña , a tapa gañadora desta edición do Concurso de Tapas: un sabrosísimo Mexillón en Escabeche.   

Sociedade