Os irmandiños asaltan novamente o Castelo de Vimianzo

Os irmandiños asaltan novamente o Castelo de Vimianzo

01 de Xullo, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Negreira

Os irmandiños volven a asaltar este sábado o Castelo de Vimianzo. A festa, que cumpre a súa XIV edición, recrea a rebelión dos Irmandiños que acabou coa toma do castelo vimiancés en 1467. Nesta edición, a trama partirá do secuestro e, posterior asasinato, da líder da resistencia labrega, María Olaya, coa consecuente carraxe dos seus paisanos que lles impulsará a asaltar o Castelo. A cita contará con xa clásico

O espírito irmandiño sigue vixente, sinalou en Radiofusión un dos responsables de Cherinkas, Óscar Santos. “Seguimos loitando contra as insxustizas facendo o traslado ao século XXI”. A recreación contará cun guión no que participarán perto dun cento de persoas. Manuel Antelo (frade Honesto), Irene Espasandín (María Olaya), Lorena Maceiras (meiga Bolboreta), Teresa Ferreira (vizcondesa Mariana de Luna) e os irmáns Alberto e Alba Mancebo (vizconde Bernal e trovador Wenceslao) encarnarán aos seis protagonistas da representación. Os espectadores implicaranse na rebelión como defensores do baluarte, irmandiños responsables do ariete que derrubarán a porta, campesiños portando os fachos, peliqueiros e tamborileiros. Durante a trama da obra empregaranse arredor de 700 grobos, que simbolizan o derrocamento do Castelo, explicou Santos.

A velada xa comezará mañá venres, cunha cea no foso da fortaleza a partir das dez da noite. O menú medieval constará de empanada de millo, xamón asado en salsa de setas, filloas con mel e queimada. Oito bares da localidade participarán coas xornadas de pinchos medievais.

A música será a protagonista da festa na que tamén haberá baile rexional e actuacións de reguefeiros. A banda Fol Baleiro abrirá o  repertorio musical da noite, que continuará a orquestra barcelonesa Sant Celoni. Tras o Asalto ao Castelo, arrincan os concertos co grupo Muxarega, de As Pontes; os madrileños de Raíces y puntas e os temas techno  trasladarán ao século XXI a todos os asistentes.

Sociedade