Os libros de Ricardo Carvalho Calero

A biblioteca de Fene amósanos unha recopilación do autor ferrolán
20 de Outubro, 2020 - 01:22 h. | Publicada por Radio Fene

A biblioteca municipal de Fene ofrecenos unha mostra bibliográfica de Ricardo Carvalho Calero, no ano da elección do ferrolán para o Día das Letras Galegas. Permanecerá ata fin de mes.

Cunha pequena mostra bibliográfica con perto dunha trintena de libros de diversos xéneros (biografía, historia, teatro, poesía, narrativa, infantil e xuvenil...), a Biblioteca Municipal de Fene rende homenaxe estes días á figura de D. Ricardo Carvalho Calero. A pandemia provocada pola Covid-19 e o confinamento ao que estivo sometida a poboación no mes de maio motivou o aprazamento da conmemoración do Día das Letras Galegas para este mes de outubro ao igual que fixeron outras institucións como a Real Academia Galega.

A xente na barreira, Scórpio, Poesía perdida, Beleza, verdade ou Escritos sobre teatro. Son algúns dos títulos do autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2020 que inclúe esta exposición xunto con estudos e ensaios sobre a figura de Carvalho Calero.

A mostra permanecera na Biblioteca Municipal de Fene até o vindeiro 31 de outubro e poderá visitarse de luns a venres, de 16.00 a 21.00 horas, e os sábados, de 10.00 a 13.00 horas.

Cultura

Publica o teu comentario agora