Os locais Dos Pelos Negros inauguran a Semana Cultural Furtiva do Morrazo

Os locais Dos Pelos Negros inauguran a Semana Cultural Furtiva do Morrazo

27 de Novembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

A Asociación Cultural Deskarga Furtiva do Morrazo arrinca ás once desta noite, na discoteca Carpe Diem de Cangas, a Semana Cultural Furtiva, que culminará a vindeira fin de semana coa celebración do IV Festival Furtivo na Sala Zona de Bueu. O rock con tendencias blues, rythm and blues, rock and roll e funky do grupo local Dos Pelos Negros, que volve aos escenarios despois de catro anos de parón, será o encargado

A programación da Semana Cultural Furtiva 2010 continúa mañá coa proxección no Bar Chiapas, ás nove da noite, do documental Os Ronseis Do Salitre, realizado polos alumnos do I.E.S. María Soliño sobre as conserveiras do Morrazo.

Unha mesa redonda baixo o título “A Música No Morrazo” no I.E.S Rodeira, á unha da tarde, protagonizará as actividades o luns. O martes no C.E.I.P Nazaret, ás doce e media do mediodía, actuará Cé Orquestra Pantasma. O Bar Zappa será o escenario, o mércores, a partir das nove da noite, da proxección doutro documental, Non acepto, sobre a música punk nas décadas dos 80/90.

O xoves exhibirase de novo Os Ronseis Do Salitre, no Bar Aturuxo ás nove da noite. O venres volve a música con Balea´s Blues Quintet no Bar Chiapas a partir das dez da noite e a cambio de tres euros.

IV Festival Furtivo

A fin de semana a Sala Zona de Bueu acollerá a cuarta edición do Festival Furtivo. O sábado, 4 de decembro, a partir das dez da noite subirán ao escenario Boca Negra, Alteración del Orden, Segismundo Toxicómano, Keima e Polestia, formacións todas con novo disco baixo o brazo.

O domingo será a quenda de Farinha Trigha, Falperrys, Skeo e Vendetta.

Os bonos para o festival xa están á venda ao prezo de 15 euros e poden mercarse en A Cova da Laxe (Cangas), Bar Zappa (Bueu), Bar La Bolera (Moaña) e en Tendas Tipo (Vigo e Pontevedra).

Cultura