Os médicos e as médicas protestan

O paro convocado nos centros de saúde remata hoxe
28 de Novembro, 2019 - 12:44 h. | Publicada por Radio Fene

Discreto seguimento da folga no Centro de Saúde de Fene. Arredor do 30% dos médicos e médicas de familia abandonaron as consultas, onte e esta mañá. 

Normalidade no Centro de Saúde de Fene na terceira convocatoria de folga no que vai de ano na atención primaria galega. Os médicos fixeron un paro onte e hoxe pola situación de sobrecarga que viven nos centros de saúde. Piden que se cubra o cen por cen das vacantes e que se limite as súas axendas a un máximo de trinta pacientes ao día. Segundo os convocantes da protesta, a situación é peor aínda que hai un ano. No centro de Fene pararon onte tres de oito facultativos, o que ven supor un 37%. Esta mañá puxose en folga unha médica de familia. (Na imaxe o PAC de Fene esta mañá)

Sociedade

Publica o teu comentario agora