Os méritos do Racing Club de Chapela

Os méritos do Racing Club de Chapela

30 de Abril, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

A deputada, Francisca Canal ofreceu unha recepción oficial ós compoñentes do Racing Club Chapela, integrado por deportistas discapacitados. O acto realizado na Deputación de Pontevedra tivo por obxectivo trasladarlles a estes mozos a felicitación polos grandes éxitos acadados tras conseguir numerosas medallas.

Concretamente, entre os asistentes atopábase o nadador Manuel García Luengo, que ven de proclamarse campión de España de 50 metros costas na competición para deportistas discapacitados celebrado en Sevilla  Tamén Loira Fernández Guardiola que acadou o cuarto  posto en nas modalidades bolboreta e croll; Ángel Fandiño Pardavila que tamén acadou o cuarto posto en 50 metros libres.

 

Os integrantes del Racing Club Chapela tamén tiveron unha actuación destacada no Campionato Galego de natación para discapacitados, no que seis compoñentes do equipo conseguiron nove ouros e catro pratas. Ademais, nos Xogos Autonómicos Minoritarios, os membros do equipo de tenis de mesa conseguiron 3 ouros e un bronce; os de Petanca, unha prata e dous bronces.

Deportes