Os mandatos do meco

Os mandatos do meco
19 de Febreiro, 2020 - 11:23 h. | Publicada por Radio Fene

Os desfiles e actuación das comparsas volverá a ser o sinal de identidade da festa do Entroido na comarca de Ferrolterra. Desde este venres 21 ata o mércores 26 sucederense por todos os concellos. Testamentos e queimas do entroido completan os actos. O tempo acompañará polo menos ata o martes de entroido.

Os mandatos do Entroido son moi comúns nos centros escolares de Fene onde o meco, que pode ser de carne e oso ou de trapo, da ordes cada dia e durante toda esta semana anterior ao Carnaval. O entroido do IES de Fene, por exemplo, manda que hoxe o alumnado acuda ás aulas con algo na cabeza. O pobre non se move, está sentado nunha cadeira na entrada do centro, pero mandar manda. (na imaxe o meco do IES de Fene)

Os concellos da comarca preparan a celebración do Carnaval desde este sabado ata o venres da semana que ven, cando Ferrol pecha o Entroido co enterro da sardiña.

Neda será o máis madrugador. Xa este venres 21 anuncian o desfile e actuación as comparsas no pavillón polideportivo ás 20,30h con musica de Dj. O martes de carnaval queiman o entroido en Subarreiros despois da festa infantil. O domingo 1 de marzo darán conta dun gran Cocido de entroido interxeracional desde as dúas da tarde, no pavillón municipal. Ferrol acollerá o dia central do Entroido o próximi luns co desfile de comparsas desde a Praza de España á de Amboaxe onde se celebra o festival desde as 19.30h. Unha filloeira traballará en directo durante toda a xornada para repartir 1.200 freixós por hora. O martes,  Amboaxe acollerá a festa infantil de 17.30 a 20.00h. E o venres 28 enterran a sardiña en Ultramar. Narón adiánta a este sabado o festival no que concurren oito comparsas que se concentrarán ás cinco na praza da Gándara para discurrir ata a pista da Solaina onde ás seis comezarán as actuacións. Narón suma ao carnaval o seu VIII Concurso de tapas de Entroido no que participan vinte establecementos. Pontedeume celebra concursos de disfraces xa o sabado. As comparsas actúan na praza Real o martes de Entroido ás 19h e o mércores de cinza fanlle o velorio e a comida dos parentes na mesma praza, para logo facer a procesión co finado que queimarán na Praza do Conde ás 20,30h.

Fene. Hoxe 19 de febreiro o Concello de Fene será o último dia do prazo de inscrición para as agrupacións que queiran participar no desfile e festival de comparsas que terá lugar o mércores 26 de febreiro, festivo local no Concello de Fene. Desfilarán desde Perlío pola Avda Marqués de Figueroa ata a Praza do Concello onde cantarán, leerase o testamento de procederase á queima. Unha verbenea porá o punto e final á festa.

Hoxe ás 14.00h remata o prazo de inscripción das agrupacións. Para inscribirse nos obradoiros do ciclo Vai de Entroido cómpre achegarse ao Departamento de Cultura do Concello de Fene tamén hoxe como último dia ata as 14.00 h. O luns 24 de febreiro celebrarase o "obradoiro de cociña entroideira", dirixido a nenos e nenas de 3 a 12 anos, pola tarde. O martes está programado un "Obradoiro de disfraces e xincana" para nenos/as de 6 a 12 anos, pola mañá. Os dous celebraranse nas instalacións do CCRD Perlio.

Cultura

Publica o teu comentario agora