Os mariñeiros de Muros e Noia manteñen a súa oposición ao cativerio do salmón

Os mariñeiros de Muros e Noia manteñen a súa oposición ao cativerio do salmón

06 de Maio, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Neria

A Xunta cualifica de "pouco responsable" a decisión das confrarías de Muros e Noia e da Asociación de Bateeiros Muros-Esteiro de negarse a participar na comisión de seguimento das gaiolas de salmón. Os profesionais da ría continúan coa súa oposición ao proxecto de acuicultura de salmón en cativerio que vai desenvolver a empresa North West Food co apoio da Consellaría do Mar.

Entenden que as gaiolas e o salmón poden contaminar a ría provocando que a súa catalogación pase de zona B -isto é, que os seus produtos precisan depuración- a zona C -que impide a comercialización-. A Xunta defendeu hoxe no Parlamento que esta iniciativa experimental non impactará no ecosistema e que é preciso acometela porque se trata dunha fonte "de riqueza e emprego", porque no estado hai demanda abonda de salmón. Porén, os PsdeG aféalle ao PP que defenda agora un proxecto que criticaba cando estaba na oposición e o plan orixinal era instalalo na Ría de Arousa. O BNG mantén que os intereses empresariais da firma norueguesa "coliden" cos dos traballadores da ría de Muros-Noia e que poden producir "danos irreparables" para a actividade artesanal, poñendo en perigo o traballo xa existente.

Sociedade