Os Momentos de Dulce Pontes

Os Momentos de Dulce Pontes

31 de Agosto, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

Dulce Pontes reencontrase co seu público mentras prepara o seu novo disco Desnudez. O luns 7 de setembro actua no Teatro Romano de Mérida nunha actuación baseada no album Momentos, un doble album que recolle temas gravados en directo e pezas inéditas de estudio. O CD editouse este verán e pretende conmemorar os seus 20 anos de carreira musical.

Dulce Pontes non se considera fadista. Soubo dar un soplo de ar fresco á música portuguesa a comezos dos anos 90. Para o primeiro sinxelo, "Júlia Galdéria", Dulce rescata do esquecemento o fado humorístico e rende homenaxe ao seu tío e mestre, Carlos Pontes.

Na selección non podía faltar "Medo", gravado en Madrid, porque existe un vínculo especial  coa primeira capital europea na que quixo cantar despois do nacemento do seu primeiro fillo, José Gabriel.

O traballo máis recente da artista inclúe 17 cortes gravados en España, Portugal, Reino Unido, Grecia, Italia e Holanda, e distribuídos en dous discos: o primeiro rende homenaxe á música tradicional portuguesa, mentres que as colaboracións do tenor español José Carreras, do compositor italiano Ennio Morricone e o cantante grego George Dalaras aportan un aire cosmopolita ao segundo.

Carreras canta xunto á artista lusa "Todos somos un", himno oficial do certamen das Novas 7 Marabillas do Mundo, a voz de Dalaras escóitase "O mar e ti" e Morricone, que colaborou con Dulce no seu álbum "Focus" (2003), asina "O ano que vén".

A cantante incluíu sons gregos e indios na revisión dos clásicos "Canción de mar" e "Bágoa", dous dos temas que impulsaron unha carreira que comezou a finais dos oitenta, cando Dulce participou en varios musicais.

Cultura