Os murais son obra dun artista

Os murais son obra dun artista
10 de Agosto, 2020 - 01:35 h. | Publicada por Radio Fene

O 30 de xullo abriu as suas portas A Queimada, en Barallobre. Queren orientar o negocio de cara á comida e facer algo diferente do que xa atopamos pola zona.

ESCOITA O PODCAST:
Quique Porta xunto á fachada do local

“Temos un pouquiño para tódolos petos, dende zamburiñas ou langostinos ata raxo e tiras de polo” indica Quique Porta.

O cambio máis salientable que fixeron no local son os murais que decoran a fachada e parte da terraza interior, obra de Carlos de Dous Duendes. Queren introducir espectáculos e actividades para a rapazada no amplo salón do que dispoñen pero polo de agora pensan en actividades de menor aforo.

No tempo que levan abertos, a xente cumpriu adecuadamente coas normas sanitarias, algo que preocupaba xa dende a data de apertura.

A cociña estará aberta en horario de 12.00h a 16.00h e de 20.00h a 23.30h por semana. As fins de semana abrirá ata as 00.00h. A Queimada, na estrada da Palma de Barallobre permanecerá aberto dende a mañá ata a noite ininterrompidamente, a excepción dos xoves que pechará.

Sociedade

Publica o teu comentario agora