Os nosos Bitch Boys

Actúan nas festas de San Valentín, en Fene, ofrecendo unha sesión vermú
14 de Febreiro, 2019 - 09:44 h. | Publicada por Radio Fene

Os Bitch Boys son un grupo nacido no barrio de San Valentín (Fene) composto por tres membros da localidade, Maikel Rodeiro, Cabe García e Colás Lage. Interpretan música dos 70 e 80.

Sesión vermú no CPS

A actuación dos Bich Boys este sabado 16 en San Valentín dará realce ás festas patronais na parroquia fenesa. A actuación dos Bich Boys feneses será en horario de sesión vermú, no CPS de San Valentín. Interpretarán música dos 70 e 80. Esta sesión vermú está organizada polo concello e a asociación Os Centolos de San Valentín.

Festas

A comisión de festas tamén organizou pezas do mediodía e verbenas dende o venres 15 ao domingo 17 de febreiro. Baixo unha carpa, o venres amenizará a verbena, a orquestra Sintonía e o dúo Horizonte. O sabado 16 e domingo 17 haberá sesións vermú. A do sabado amenizada polo dúo Pasión, que repite na verbena pola noite xunto ao grupo Innovación. O domingo rematan as festas de San Valentín (Fene) coas pezas do mediodía do trío Innovación.

Exposición

Pasadas as festas, o luns 18, o CPS acolle unha exposición de pintura da veciña do barrio, Ana Basoa. Permanecerá no local veciñal unha semana, ata o domingo 24 de febreiro.

Sociedade

Publica o teu comentario agora