ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Os traballadores da empresa Cuíña das Pontes concentraranse mañán xoves ás portas do centro de traballo , na rua Presa de Alende da vila pontesa, despois do seu despido e para reclamar os salarios que lles adebedan, un total de once nóminas.
A empresa ven de despedir a 62 operarios pero antes xa mandara para as suas casas a outros 20. Dende a empresa onde se concentrarán mañán ás 17,30 horas, dirixiranse ata a Praza Roxa. O grupo Cuíña está integrado por cinco empresas, todas en concurso de acreedores. Quedan na empresa 150 empregados pero 66 serán regulados temporalmente. O grupo Cuíña adícase á execución de obra pública e á promoción de vivendas. Hoxe en día reúne doce sociedades cunha moderna infraestructura e unha flota de máis de 250 veículos, entre camións, formigoneiras ou excavadoras.