Os orzamentos benefician a toda a cidadanía, segundo Ramón Veloso

Os orzamentos benefician a toda a cidadanía, segundo Ramón Veloso

02 de Marzo, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Os orzamentos do Concello de Ferrol para este ano, quedaron definitivamente aprobados e entrarán en vigor ao día seguinte da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia (BOP). O goberno municipal socialista aprobaba a principios do mes de xaneiro, e na súa fase inicial, os terceiros orzamentos municipais do mandato actual por unha cuantía de 53,6 millóns de euros. En palabras do portavoz e concelleiro de Facenda, Ramón Veloso, as novas conta

O edil destacou a importancia de contar cun novo presuposto nun contexto de crise económica como o actual e lembraba que tras dous meses de negociacións e varias comisións por medio, recibía importantes consensos como o que permitirá establecer un orzamento mínimo de tres millóns de euros para financiar as propostas aprobadas polos veciños e veciñas a través dos Orzamentos Participativos, únicos en Galicia.

No pleno celebrado no serán de onte, o grupo de goberno socialista xunto cos representantes de Esquerda Unida e BNG rexeitaron as alegacións do grupo municipal do PP que pedían a nulidade do orzamento municipal ou a modificación dalgunhas partidas presupostarias. Esta desestimación responde a que estas alegacións non se axustaban a ningún dos tres supostos xurídicos para ser admitidas xa que non cumprían os requisitos legais, non afectaban a gastos de obrigado cumprimento e supuñan un desequilibrio no orzamento municipal ao superar os gastos sobre os ingresos. Pola contra sí se estimaron as alegacións presentadas polo sindicato nacionalista CIG, aínda que éstas non modifican de xeito algún os presupostos e serán tratadas na mesa extraordinaria de negociación aberta para tratar a relación de postos de traballo.

Institucional