Os orzamentos de Fene do 2009 estudaránse a vindeira semana

Os orzamentos de Fene do 2009 estudaránse a vindeira semana

07 de Agosto, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Os grupos políticos de Fene volverán reunirse a vindeira semana para examinar os Orzamentos municipais do presente ano 2009. Recolleranse suxerencias e propostas e intentaráse pechar os presupostos neste mes de agosto, segundo asegurou no Pleno da Corporación o edil de Facenda Manuel Angel Rodriguez Carballeira. O mesmo concelleiro adiantou a vontade do goberno municipal de non recurrir a sentencia do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia anulando o Plan Parcial de Centieiras.

Rodriguez Carballeira indicou que semellaba máis práctico elaborar un novo documento adaptando os volumes de edificabilidade á Lei de Solo de Galicia. Un recurso ao Tribunal Supremo retrasaría a resolución do tema durante 2 ou 3 anos e o Concello de Fene non ten garantía de obter unha sentencia favorable. De todos os xeitos, o municipio conta con prazo para recurrir ata o 10 de setembro, polo que ainda non se adoptou unha decisión definitiva. Foron algúns dos asuntos abordados no Pleno que a Corporación de Fene celebrou no dia de onte.

Sociedade