Os ovos e as cascas de Agustín Fernández Paz

Os ovos e as cascas de Agustín Fernández Paz

29 de Xuño, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Allariz

"De neno coleccionabamos ovos de paxaro. Gardabámolos en caixas de zapatos e para que non apodreceran, faciámoslles uns furados por riba e por baixo e soprábamos ata que quedaban baleiros, co que en realidade a nosa colección era unicamente de cascas. Pregúntome se a Constitución, o Estatuto e a Lei de Normalización Lingüística, non se converten ás veces en verdadeiras cascas baleiras como aquelas, pois na sociedade galega, sobre

Esa foi unha das reflexións que trasladou o escritor Agustín Fernández Paz no acto de entrega do Premio Trasalba, celebrado este mediodía na casa de Otero Pedrayo en Amoeiro (Ourense). O literato sinalou como vital para a liberdade lingüística, a dobre competencia en galego e castelán, pero denunciou que o alumnado das zonas urbanas presenta escasa competencia en galego. "O problema do galego é de escasa visibilidade, por decisións políticas" afirmou o pedagogo subliñando con optimismo que "as agresións fannos máis fortes pois as cameleiras florecen na invernía e somos moitas as persoas dispostas a mollarnos para non deixar a nosa lingua no faiado". "Calquera traballo que emprendades en nome de Galicia, é sempre sementeira" concluíu Agustín Fernández Paz, nunha mesa compartida por Vítor Freixanes, Xesús Alonso Montero, Cristina Pato e Ramón Villares.

Sociedade