Os pacientes transplantados xa non terán que desprazarse ao hospital pola súa medicación

Os pacientes transplantados xa non terán que desprazarse ao hospital pola súa medicación

17 de Setembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

Os pacientes transplantados xa non terán que acudir ao hospital para dispoñer da súa medicación. O Servizo Galego de Saúde estableceu que, a partir de agora, a dispensación dos inmunosupresores se realizará a través das oficinas de farmacia. As asociacións de doentes reciben esta nova con “grande alegría” xa que aseguran, redundará moi positivamente na calidade de vida de moitos galegos.

"É a consecución dunha demanda histórica”, asegurou en Radiofusiòn o presidente da Federación de Asociacións de Enfermos de Galicia (FAEGA), Jesús Pascual. Na súa opinión, os longos e frecuentes desprazamentos para facerse coa medicación supoñían para os doentes transplantados un “verdadeiro calvario”.

O seguinte paso, entende Jesús Pascual, debería ser o de dispensar os tratamentos a domicilio. Esta medida, explica, beneficiaría especialmente a todas aquelas persoas que están a agardar por un transplante e que dependen dos seus familiares para conseguir a súas menciñas.

Sociedade