Os pais galegos serán informados a través dun tríptico do novo sistema de “gratuidade solidaria” dos libros

Os pais galegos serán informados a través dun tríptico do novo sistema de “gratuidade solidaria” dos libros

28 de Agosto, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

Os pais e nais dos escolares de 1º, 2º, 5º e 6º de Primaria e de Educación Especial, recibirán, ben no seu domicilio, ben a través do seu centro, un tríptico informativo sobre o sistema de “gratuidade solidaria” para os libros de texto. O conselleiro de Educación, Jesús Vázquez , e o Director Xeral de Centros e

As axudas poderán solicitarse entre o 1 e o 30 de setembro e o prazo estimado para cobralas é de 15 a 20 días. Por iso, a Consellería de Educación quere animar aos pais a que as soliciten nos primeiros días de prazo, xa que se tramitarán por orde de presentación da documentación. O formulario e toda a información necesaria poderá obterse nos centros educativos, nas sedes da Xunta ou a través da páxina web gratuidadesolidaria.xunta.es. Tamén se dará resposta ás súas dúbidas no teléfono 981 54 65 21.

Segundo cálculos da Educación, aproximadamente 7 de cada 10 escolares dos cursos beneficiados este ano poderán recibir as diferentes axudas. Para o resto dos cursos seguirá vixente de momento o sistema de préstamo polo que os alumnos recibirán os seus lotes de libros neste mes.

Coa implantación do sistema, a Consellería garante unha axuda de 180 euros por neno para as familias de rendas baixas, con ingresos de ata 5.400 euros por persoa no fogar. Para as familias, con ingresos entre 5.400 e 9.000 euros por persoa no fogar, a bolsa é de 104 euros por cada fillo.

Institucional