Os palcos de orquestra, as caixas de música cheas de nostalxia

Os palcos de orquestra, as caixas de música cheas de nostalxia

09 de Agosto, 2015 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Os vellos palcos de orquestra, moitos deles abandonados e baleiros, pero todos fachendosos presiden o campo da festa .Para poucas cousas vale hoxe o palco da festa. As orquestras cando actuan, necesitan tal cantidade de metros cadrados que acoden co seu propio escenario nun camión trailer, cos instrumentos xa montados e coa iluminación instalada. Caseque non hai quen suba a palcos da festa como o de Maniños en Fene. Pero non sempre foi así.

A comezos do século XX o palco e o campo da festa eran dos lugares máis importantes da parróquia. En 1920 Andrés Rey Echevarria, residente en Cuba, visita Maniños atopandose coas reducidas dimensións do campo dos festexos. Ao retornar ao Caribe inicia a recaudación de fondos para mercar uns terreos. En 1923 un grupo de veciños adquire 6 ferrados de terra no lugar do Pombal. En 1925 fórmase a directiva da Sociedad de Amigos de los Árboles de la parroquia de Maniños. A pista de baile do campo da festa aumentaráse en 110 metros cadrados en 1952. Nese ano construiense 3 asentos en forma de grada e prolóngase a pista de baile ata a entrada da escaleira de acceso dende a estrada da Palma. O palco da festa de Maniños vixía a pista de baile da parroquia. Sen o toldo que nalgún momento o cubriu, desamparado, sen ninguén que suba polas súas escaleiras. Son dias nos que os únicos palcos que rexistran concurrencia, son os de autoridades nos estadios de fútbol, o dia dalgunha competición europea.

 

Caixas de música é un proxecto fotográfico que revisita os espazos de celebración no rural galego tomando os palcos de orquestra como elemento articulador. O fotógrafo coruñés Luis Diaz elaborou a serie Caixas de Música, que foi seleccionada para a Bienal de Fotografía e Arquitectura de 2010 de Bruselas. Estas construcións, levantadas polos veciños do lugar, serviron durante anos para acoller todo dipo de conxuntos musicais durante as festas parroquias. Móstranse baleiros, abandonados ou en letargo, permitindo así ao espectador contemplar a variedade das súas formas, a paisaxe que os rodea e imaxinar que, nun tempo pasado, estuveron cheos de música e de xente.

Sociedade