Os partidos inician con optimismo a campaña das autonómicas

Os partidos inician con optimismo a campaña das autonómicas

12 de Febreiro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

Os datos da enquisa do CIS foron recibidos con optimismo tanto polo Partido Popular como polo PSOE e o BNG a poucas horas do inicio oficial da campaña das eleccións autonómicas do 1 de marzo do 2009. Desde as 12 desta noite os partidos poderán pedir de xeito explícito o voto dos cidadáns. O Centro de Investigacións Sociolóxicas apunta no seu inquérito 35 ou 36 deputados para o PP, 27 escanos serían socialistas e entre 12 e 13 para o BN

Un mapa político practicamente igual ao de hai tres anos e medio reproduciríase despois do 1 de marzo de confirmarse estas prospeccións. O vicesecretario xeral do PP de G Diego Calvo amosouse satisfeito este mediodia dos resultados da enquisa do CIS, expresando a súa vontade de lograr na campaña electoral mover a vontade dos cidadáns necesarios para alcanzar a maioria absoluta que devolvería aos populares á presidencia da Xunta.

Sociedade