Os pequenos desfrutarán mañá cos títeres da compañía Seisdedos no Museo Provincial de Lugo

Os pequenos desfrutarán mañá cos títeres da compañía Seisdedos no Museo Provincial de Lugo

02 de Outubro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

Mañá sábado, contra as 12.30 horas, os mais cativos da casa teñen unha cita no Museo Provincial de Lugo cos títeres e coa produción “O galo Quirico e os seus amigos”, de Títeres Seisdedos. Este espectáculo combina unha función de monicreques tradicionais coa música en directo.

Presentado nun teatriño de cartón, a compañía galega ofrece a versión de dous contos populares. En primeiro lugar “O galo Quirico e os seus amigos” e, en segundo, a “Rata linda de Compostela”, seguindo a versión publicada por Bernardino Graña.

 

 

Os bonecos de Títeres Seisdedos son creados polo director da propia compañía, Anxo García, e a música corre a cargo do acordeón diatónico de Carlos Quintá.

Cultura