Os pequenos relatos bailados de SóLODOS

Os pequenos relatos bailados de SóLODOS

11 de Febreiro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

A compañía de danza SóLODOS, baixo a dirección artística de Maruxa Salas e Erick Jiménez, presentará, este domingo ás sete da tarde, o seu espectáculo “SóLODOS, pequenos relatos bailados” no Teatro Rosalia Castro de A Coruña. A obra componse por pezas de danza, creadas en diferentes anos e que conforman unha retrospectiva coreográfica de ambos directores. Son pequenos relatos bailados por

A compañía SóLODOS inicia o seu traballo artístico en 2010 co estreno do seu espectáculo SóLODOS, no Teatro Jofre de Ferrol. Esta compañía de danza con sede en Galicia e Costa Rica, está dirixida pola coreógrafa gallega Maruxa Salas e o coreógrafo costarricense Erick Jiménez. Da produción encárgase Victor López Carbajales. 

SóLODOS foi seleccionada pola Comisión de Ballet, Danza y Artes del Movimiento de la Red Nacional de Teatros de España e Red Gallega de Teatros 2010. Conta coa colaboración de AGADIC, Axencia Galega das Industrias Culturais de Galicia, Concello de Ferrol, Concello de Oleiros, Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia e INAEM, Ministerio de Cultura del Gobierno de España. 

Páxina web da compañía www.solodos.es.

Cultura