Os Pinares esperan polo manto verde

Os Pinares esperan polo manto verde

31 de Outubro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

A colocación do cesped artificial no campo dos Pinares de Perlío en Fene (A Coruña) marchan segundo os prazos previstos, segundo a dirección da obra. O bó tempo rexistrado neste mes de outubro permitiu aglomerar o campo e comezar coa preparación das canaletas laterais e do valado perimetral.

Unha vez finalizados eses traballos, somentes quedará a colocación e pegado do manto verde e a instalación de porterías e accesorios. En calquera caso cumpriránse os prazos e a obra remataráse no mes de novembro. Nunha nova fase renovaráse o sistema de iluminación artificial. Restará entón a construcción dos vestiarios para o que o Concello de Fene conta cunha subvención da Deputación provincial que alcanza os 190.891, 42 euros.

Deportes