Os pisos marca fusión

Os pisos marca fusión

19 de Maio, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Eume

Galparquet (especializados en fabricación de parquet), foi unha das empresas convidadas ás charlas organizadas pola Federación Española de Industrias da Madeira (FEIM), o pasado martes 18 de maio no Colexio de Economistas de Madrid. O acto estivo centrado no tema da Certificación da Cadea de Custodia, que é o seguimento da madeira desde a súa orixe até o destino final, de maneira que se garante ao usuario que provén de produción sustentab

Na súa intervención, o director técnico da empresa, Fernando Sepliarsky, falou sobre a experiencia de Galparquet na aplicación práctica deste sistema de trazabilidad, o cal é necesario para a certificación final dos derivados forestais. A compañía espera poder obter o Certificado de Cadea de Custodia PEFC nos próximos meses.

Galparquet en feira sectorial Carrefour International du Bois

Este acto celébrase a poucos días da participación da empresa na feira da madeira Carrefour International du Bois (www.timbershow.com), que se desenvolverá na localidade francesa de Nantes do 2 ao 4 de xuño.

No encontro cos profesionais do mercado europeo, a empresa galega presentará as novas cores da súa LIÑA ESENCIA en gris claro e escuro, así como a súa LIÑA HORIZON, que deixa invisibles as unións entre táboas. Ademais, continuará mostrando as liñas especiais denominadas DOMINOU, CITY e XL

A ocasión servirá tamén para dar a coñecer a gama de pisos FUSIÓN, un chan ecolóxico e de alta tecnoloxía, que está a ser ben acollida polo mercado da rehabilitación.

A feira acolle a máis de 500 expositores e 10.000 visitantes de 60 países, sendo esta una das máis senlleiras do calendario para especialistas do sector.

Sociedade