Os postres máis especiais

Os postres máis especiais
27 de Agosto, 2019 - 11:09 h. | Publicada por Radio Fene

Alicia Santomé iniciou hai dous anos Happy Bake, un obradoiro de respostería creativa aquí en Fene. Grazas á enorme demanda e a boa acollida da xente, recentemente expandiu o negocio, abrindo unha cafetería en Narón. Alicia explicounos que está a ser unha experiencia moi intensa pero que as cousas están funcionando moi ben. Moito mellor do que ela pensaba.

ESCOITA O PODCAST:

Os produtos de Happy Bake son moi especiais. Trátase de repostería persoalizada. Traballando por encarga, adaptan o postre aos gustos e indicacións do cliente. Caracterízanse por buscar sempre a innovación e os novos sabores. Collendo todo tipo de influencias e cambiando a carta continuamente.

Destacou como o seu forte as tartas e os cupcakes. Tamén as galletas para os nenos, aínda que considera que o público está a acoller ben todas as propostas. A Recomendación, agora para o verán son as tartas de queixo e as magdalenas de froitas tropicais. Happy Bake conta tamén con cartas específicas para alerxias e celiacos, así como opcións veganas. Non dubideles en probala.

Sociedade

Publica o teu comentario agora